viernes, 24 de octubre de 2008

Informática e ordenadores

Ola, son Fabio outra vez.Quería pedir perdón a Andrea por escribir mal o seu apelido o outro día, así que non te enfades. Hoxe na clase demos só teoría así que non vos emocionedes(aínda que non os íades emocionar igual).

Empezamos pola definición da infórmatica, que é a ciencia que estuda o tratamento automático e lóxico dos datos mediante os ordenadores. A palabra informática creouse en Francia en 1962 e procede da contracción de información e automática.

Tamén demos a definición de ordenador, que é unha máquina composta de elementos físicos de tipo electrónico, que pode facer unha gran variedade de traballos a moita velocidade e con gran precisión, se lle dan as instruccións adecuadas. As principais cracterísticas dos ordenadores son:

-Gran velocidade de tratamento da información.

-Gran potencia de cálculo.

-Facultade de memorizar programas e datos.

-Facultade de comunicación con persoas e máquinas.

Despois demos a definición de información(conxunto de datos necesarios na realización de un ou varios procesos que nos aportan un coñecemento das cousas) e a de datos(conxunto de símbolos que se utilizan para para expresar valores numéricos, feitos, obxectos ou ideas). Os datos poden ser captados directamente polo ordenador ou mediante letras e nºs(grafismos)

Para realizar o tratamento da información temos que indicar ao sistema informático as ordes necesarias para que poda desenvolver unha tarefa concreta(programa).

Nun ordenador a información represéntase por palabras(unidades de lonxitude fixa que é determinada polo hardware. A maior parte dos ordenadores teñen un ancho de palabra múltiplo de 8.

A medidas da información: a agrupación de 8 bits chámase byte, polo que na informática as medidas de capacidade exprésanse en términos de byte, que vanse multiplicando por 1024: byte, kilobyte, megabyte, gigabyte, terabyte, petabyte, exabyte, zettabyte e yottabyte.

O sistema informático é o conxunto de elementos necesarios para facer o tratamento automatizado da información.
Está formado por hardware, software, firmware e o elemento humano.
O hardware é o conxunto de tódolos elementos físicos que forman a parte material dun sistema informático.
O software é o compoñente lóxico do sist. inf. Hai 3 tipos:
-de base: sistema operativo
-de aplicacións: paquetes de programas para o usuario.
-de utilidad: linguaxes e ferramentas da programación.
O firmware é o conxunto de microprogramas que forman unha unidade no ordenador.
O elemento humano é o conxunto de persoas que usan ou traballan no ordenador(usuarios e informáticos).
Por último quería rematar coa frase do día, pero como non hai ningunha boa hai que comformarse con éstas: "El ordenador tiene un ventilador.¡ji,ji!" de Julián e "Si el DVD es muy mono." de Nuria. ADEEEEEEEUS!

1 comentario:

departamento de informatica 1210 dijo...

Fabio moi ben....como periodista non tes precio